I Rally Ourense-Baixa Limia

Os días 1 e 2 de outubro de 2004 nacía o Rallye de Ourense-Baixa Limia. En tan só dous meses Ourense Motor Sport foi capaz de sacar adiante unha proba do autonómico de rallyes para cubrir o espazo que deixara baleiro o Rallye de San Martiño. Neses dous meses traballouse dunha forma moi especial, sobre todo coa ilusión de conseguir que a proba celebrásese na data prevista. E así foi, e ás nove e media da mañá do sábado 2 de outubro, cun ceo cuberto e gris que máis tarde daría paso a unha excelente xornada de sol, o Peugeot 306 Maxi de Manuel Senra tomaba a saída desde Expourense para percorrer os tramos de "Lobios", "Muíños" e "Bande" en dúas pasadas cun descanso ao mediodía no incomparable marco da Praza Maior de Celanova. A Senra acompañábanlle un total de cen participantes, unha inscripción impresionante para unha proba organizada en dous meses e que nacía naqueles mesmos instantes.

E Manuel Senra partía como favorito, aínda que Toño Villar era un claro candidato para arrebatarlle o triunfo ao piloto de Dumbría, algo que xa demostrou Villar na primeira especial, "Lobios", onde marcou o mellor crono, superando por un segundo e medio a Senra, en case tres a Martinez Barreiro sendo cuarto un Alberto Meira que co Renault Clìo da Copa Autonómica pelexaba por entrar na cabeza da proba. No segundo tramo, "Muíños" Toño Villar sufría un pinchazo e víase obrigado ao abandono, deixando máis abofé o liderato de Senra aínda que Martinez Barreiro distanciábase moi pouco do piloto do 306 neste tramo, pero na primeira pasada por "Bande" que poñía a pechadura á primeira sección da proba Senra superaba en case oito segundos ao piloto do Mitsubishi. Terceiro era agora un rapidísimo Alberto Meira que voaba co Clìo e lideraba o Grupo N e a Clìo Cup de Galicia. Por detrás viña un regular Penido que malia problemas cos discos de freo instalábase nos postos de cabeza, á vez que Costoya remontaba para situar a súa Ford Sierra Cosworth como lider do Grupo X.

Non tiña Senra as cousas moi claras co Mitsubishi de Martinez Barreiro pisándolle os talóns, así que o do Peugeot montou rodas novas para a terceira sección e marcou os tres "scracht" da tarde, aumentando a vantaxe sobre Martinez Barreiro que se conformaba cun segundo posto que lle mantiña como lider do campionato. O tercer posto cambia de equipo, e é que Alberto Meira ten graves problemas coa caixa de cambios do seu Renault Clìo e vese obrigado ao abandono, sendo agora Penido o que ocupa a terceira praza, sendo cuarto un rapidísimo e regular Costoya. E na quinta posición sitúase un eficaz Martinez cun Renault Supercinco GT Turbo.

    CLASIFICACIÓN FINAL

 
 

Clasificación final do I Rally Ourense-Baixa Limia

1º - Senra - Suárez - Peugeot 306 Maxi - 53m27s - (Ganador Grupo A)
2º - Martínez - Campos - Mitsubishi Lancer Evo VI - a 22s8d
3º - Penido - Mazas - Peugeot 106 Kit Car - a 4m35s6d
4º - Costoya - Leal - Ford Sierra Cosworth - a 4m51s0d - (Ganador Grupo X)
5º - Martínez - Vicente - Renault Supercinco GT Turbo - a 5m57s8d
6º - Cotón - Cotón - Citroën Saxo VTS 1.6 16v - a 6m15s2d
7º - Gil - Míguez - Renault Clìo Williams - a 6m18s3d
8º - Torres - Varela - Clìo Renault Sport - a 6m35s5d - (Ganador Clìo Cup de Galicia)
9º - Alonso - Martínez - Citroën Saxo VTS 1.6 16v - a 6m49s0d
10º - Iglesias - Iglesias - Citroën Saxo VTS 1.6 16v - a 6m53s2d


GALERÍA DE IMÁXES
Ir a Multimedia Ir a Multimedia Ir a Multimedia
Ir a Multimedia Ir a Multimedia Ir a Multimedia

 

 
  DIRECTORIO BAIXA LIMIA  


II Ralli Ourense Baixa Limia


III Ralli Ourense Baixa Limia

IV Rallye Ourense Baixa Limia

V Rallye Ourense Baixa Limia

V Rallye Ourense Baixa Limia

V Rallye Ourense Baixa Limia

 
   
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Deporte Deporte Galego Federación Galega de Automovilismo Deputación Ourense Concello de Ourense Ayuntamiento de Ourense Ayuntamiento de Bande Ayuntamiento de Muiños Ayuntamiento de Quintela de Leirado Ayuntamiento de Verea Ayuntamiento de Celanova Liceo de Ourense Protección Civil Ourense Guardia Civil
 
 
  © Servicios Informáticos Exclusivos (Serinex.NET)