O ano 2006 o Rally Ourense-Baixa Limia contaba cunha importante novidade: O percorrido optouse por realizalo en liña, cos tramos de "Quintela de Leirado", "Verea", "Orille", "Muíños", "Lobios" e "Entrimo", todos eles a unha soa pasada. No deportivo a lista de inscritos resultaba espectacular: 11 Mitsubishi Lancer, 1 Kit Car, 1 S1600, os pilotos do Volante RACC... convertían á cita ourensana nunha das máis emocionantes da tempada.
Desde o primeiro tramo os irmáns Pedro e Marcos Burgo, con Mitsubishi Lancer Evo VIII, impoñían a súa lei marcando o mellor tempo sendo perseguido por un rápido Alberto Meira que con outro Lancer superaba a "Bamarti" que co seu Peugeot 306 Maxi víase incapaz de superar aos todopoderosos Lancer. O ourensano Javier Paz entraba tamén nas primeiras prazas, comezando a destacar aquí os excelentes tempos de Montero e Alonso, ambos con Lancer, patrocinadores de Burgo que tomaban a saída nunha proba que percorría a súa terra natal. Burgo seguiu dominando a proba, agora tras un Bamarti que se beneficiou dun erro en móntaa de neumáticos por parte de Alberto Meira, que se vió superado por Chelís Gómez nesta especial. O piloto de "Ninfas" estaba superando xa ao seu veciño Javier Paz na clasificación xeral.
De novo no tercer tramo os irmáns Burgo impuxeron a súa lei, seguidos de Meira e un Chelís Gómez que ocupaba a terceira praza do tramo e comezaba a ser candidato aos postos de podium. Así se chega ao reagrupamiento do mediodía en Muíños e no comezo da xornada de tarde a sorpresa está en que Pedro Burgo ten problemas eléctricos e a sombra do abandono planea sobre o equipo Candeas, que aínda que ten un colchón amplo de segundos sobre os seus rivais ve como peligra a súa vitoria. O lucense pasa a ocupar a terceira praza tras Bamarti e Meira, pero a carreira estratosférica de Pedro Burgo faille superar a todos os seus rivais e lograr o triunfo.
Bamarti confórmase coa segunda praza, que lle dá o título autonómico, mentres que Alberto Meira ocupa a terceira praza do podium, gañando o Grupo N ao mesmo tempo, por diante dun Chelís Gómez que superaba a Javier Paz. No Volante RACC sería Victor Senra o ganador.
| GALERÍA DE IMÁXES |
 |
DESCARGAS DIRECTAS (VÍDEOS E IMAXES) |
|
|
|
|