O Campionato de Galicia de Rallyes chegaba á cuarta edición do Rallye Ourense - Baixa Limia sen decidir. Na cita o piloto pontevedrés Miguel Martinez "Bamarti" tiña todas as opcións para coroarse como Campión de Galicia, pero fácil non o ía a ter coa presenza dos irmáns Pedro e Marcos Burgo que co Mitsubishi Lancer de Candeas optaban tamén a un título ao que o do Peugeot 306 Maxi tiña todas as de gañar, xa que só con clasificarse entre os cinco primeiros asinaría o título da tempada nas terras da Baixa Limia.
"Bamarti" optaba por non complicarse a vida, consciente de que o título xa case estaba nas súas mans, mentres Burgo partía co obxectivo de seguir sumando puntos á espera dalgunha complicación para o equipo de Lalín-Deza. Por diante tiñan cinco tramos xa coñecidos.
As especiais da mañá, con altas velocidades medias, foron o escenario dun rápido comezo por parte de Bamarti, que malia non querer complicaciones marcaba cronos superiores aos irmáns Burgo, sendo en "Muíños" a distancia xa de catro segundos e máis de 25 a un "Chelís" Gómez que tan só con finalizar a proba xa era matematicamente Campión de Galicia de Grupo N. Pero ao longo da proba as cousas non irían tan ben para todos, pois na segunda pasada polo tramo de "Lobios" os dous Mitsubishi Lancer de Burgo e Chelís deixaban as súas caixas de cambio rotas, e a proba quedaba nun paseo para Miguel Martínez "Bamarti" que lograba a vitoria e o campionato, o mesmo que lle sucedía a Chelís Gómez pero co mal sabor de boca de abandonar a proba da súa casa, gañando o título malia iso.
Por detrás de Bamarti os rápidos pilotos do Volante RACC aproveitaron os abandonos para subirse ao podium da xeneral final, sendo segundo Iván Ares e terceiro Pablo Rei. No Trofeo Driver Toni Pérez co seu Ford Puma resultaba ser o ganador. A proba celebrábase nun despexado día otoñal e tiña como centro neurálgico de novo o Campus Universitario de Ourense.
| GALERÍA DE IMÁXES |
 |
DESCARGAS DIRECTAS |
|
|
|
|