Ourense Motor Sport naceu no ano 2003, coa idea de fomentar o deporte do automovilismo e celebrar en Ourense unha proba do Campionato de Galicia de Rallyes. E é que trala fugaz presenza nos calendarios do Rallye de San Martiño que, entre outros, moitos dos que formamos parte de Ourense Motor Sport conseguiramos, e trala desaparición desa proba eramos conscientes de que a enorme cantidade de pilotos ourensanos rexionais existente tiña que manter unha proba do autonómico na nosa provincia.
Así, creamos o Rallye de Ourense-Baixa Limia que en 2004 viu a luz por vez primeira, e conseguimos de novo que Ourense manteña unha proba do Galego de Rallyes para que os pilotos locais teñan a posibilidade de participar na súa casa nunha proba destas características. E é que o gran símbolo do automovilismo ourensano, como é o Rallye de Ourense, ao tratarse dunha proba nacional impide que moitos pilotos de Ourense poidan disputar unha carreira na súa provincia polos elevados costos que conlleva unha proba do Campionato de España e polas características dos vehículos admitidos.
Pero os que compoñemos a Escudería Ourense Motor Sport non empezamos en 2003 en todo isto. E é que desde finais dos anos setenta estamos en activo formando parte da Escudería Ourense en infinidade de postos. Desde as comunicacións, cronometraje, comisarios, etc... levamos case trinta anos traballando activamente no automovilismo nacional, en probas como o Rallye de Ourense, Rallye Rías Baixas, Rallye de Pontevedra, Rallye da Coruña, Rallye do Lacón, Rallyes de Terra nacionais e de Galicia, subidas como Chantada, Almofrei, Castro de Beiro, Celanova, Autocross en diferentes circuítos e provincias... e un sinfín de probas galegas nas que desde 1979 vimos traballando moitos dos que compoñemos Ourense Motor Sport. E non só no automovilismo, pois en 2001 tivemos a ocasión de colaborar co Moto Clube a Peroxa na consecución da mellor proba do Campionato do Mundo de Enduro, disputado nas terras da Peroxa e que converteu por primeira vez na historia a Ourense en escenario dunha proba deportiva valedera para un certamen mundial.
Pero non só a nivel organizativo traballamos os compoñentes de Ourense Motor Sport, pois tamén a nivel deportivo creamos equipos de competición que disputaron campionatos como o de Terra nacional, ou de asfalto como o "Ourense Terra de Ouro" co que Jorge "Rantur" acariñou a gloria en 2002. Ademais de todo iso, o pasado ano 2005 levamos a bo porto a celebración do "I Extremo 4x4 Cidade de Ourense", puntuable para a Copa de España de Trial Extremo e achegando á nosa provincia e a Galicia -é a única proba destas características que se celebra na nosa comunidade- unha modalidade automovilística chea de espectáculo e emoción, e o éxito foi tal que en 2006 levaremos de novo a cabo a segunda edición que se celebrará os días 15, 16 e 17 de setembro, xusto dúas semanas antes do noso Rallye de Ourense-Baixa Limia... polo que nos espera un agosto e setembro moi calentito, non só no referente ao clima... que como xa saberedes por esa época e por estes lares do sur de Galicia de frío non ten nada...
|