Toño Varela, con Fórmula Grupo Sofía, resultou vencedor da III Subida a Xunqueira de Ambía celebrada este fin de semana en devandita localidade ourensana. Despexando as incógnitas que deixara a xornada do sábado, co liderato provisional de José Antonio Igrexas con Mitsubishi Lancer Evo
VIII, os pilotos de monoplazas alzáronse ao cabo coas prazas de podium.
En carrozados en mencionado Igrexas logrou o triunfo, sendo para o tamén o Grupo A. O Grupo
P sería para Alberto Vidal con Renault Mègane Copa, o SCC para Miguel García "Maki" con Makisport
SCC, o X para Tino Gavilanes con Ford Escort Cosworth, o N para Rodrígo Rodríguez con Mitsubishi
Lancer Evo VIN, e o triunfo en históricos para Pablo Rei con Seat 124 FL 2000.
De novo a proba de Xunqueira de Ambía resultou un éxito de participación e seguimiento por parte do público, aínda que a tormenta de onte sábado e a choiva que hoxe domingo caía sobre o trazado non foron impedimento para iso.
De destacar a rápida reacción da xente de Ourense Motor Sport
tralo imprevisto sufrido na mañá do domingo ao verter aceite un vehículo averiado ao longo
de todo o percorrido, e aínda que se acumulou un atraso de case dúas horas para a limpeza, ás 14:30h
estaba rematada a proba.
| MAPA DA PROBA |
|
HORARIOS Ó PÚBLICO |
Velo mapa máis grande |
|
 |
| Sábado 23/05/2009 |
| 15:00 |
Presentación pilotos en parque presaída |
| 15:30 |
Saída 1ª. Manga de adestramentos |
| |
1ª. Manga Oficial |
| |
2ª. Manga Oficial |
| |
|
| Domingo 24/05/2009 |
| 09:00 |
Presentación pilotos en parque presaída |
| 09:30 |
Saída 2ª. Manga de adestramentos |
| |
3ª. Manga Oficial |
| |
4ª. Manga Oficial |
| 14:00 |
Publicación de resultados.
Suma das dúas medias ponderadas |
| 14:30 |
Entrega de Premios e Trofeos |
| |
|
|