II Subida Xunqueira de Ambía 2008

Na segunda edición da Subida a Xunqueira de Ambía eran 35 os equipos inscritos a tomar parte na mesma, sendo os máximos favoritos para a victoria o gañador da primeira edición, Benito Varela, que o facía cunha novedosa Barqueta Dicode RCF BFR, o ourensán José Alberto López “Kude” cun BRC 05, Cristobal Serantes con Fórmula Montiño... en total sumaban 14 vehículos monoplazas e una boa suma de turismos.
As novas eran a presencia do novedoso vehículo de Monchín Rodríguez, un Super Cross Car realizado ca base dun Citroën AX, e a presencia de Javier Paz cun Mitsubishi Lancer Evo IX.

Na xornada do sábado, Cristobal Serantes xa deixaba claro que era un dos pilotos favoritos para gañar a proba, o mesmo que facía Javier Paz co seu Mitsubishi Lancer de RMC MotorSport na categoría de carrozados xa que non había ningún rival capaz de marcar os tempos cercanos ó de O Carballiño. A realidade foi así xa que dende o primeiro momento a barqueta Dicode de Benito Varela tivo problemas no seu motor, polo que Cristobal Serantes aproveitaba tal feito para auparse o primeiro posto da táboa dende a primeira manga. Pero a atención estaba posta tamén nas prestacións que podría dar de sí o primeiro vehículo da categoría “SCC” (Super Cross Car), fabricado nos talleres Maki Sport, que tomaba a saída nas máns de “Monchín”, pero diversos problemas de xuventude do novo vehículo impediron que rendira como era esperado, polo que a proba foi aproveitada para avanzar e mellorar moitos detalles, sobre todo da ponte traseira do vehículo.
Na xornada do sábado, polo tanto, todo quedaba establecido como se preveía, con Cristobal Serantes liderando a proba sendo perseguido pola ampla lista de monoplazas que en Xunqueira están no seu “habitat” ideal, sendo o ourensán “Kude” e Toño Varela os que loitaban pola segunda e terceira praza con Benito Varela, mentres Javier Paz, como decíamos, non tiña rivales na categoría de carrozados.

Na xornada dominical pouco se modificaban as cousas, pois mentres Cristobal Serantes administraba a ventaxa obtida na primeira manga da proba e inda así gañaba segundos, Varela intentaba manterse na segunda plaza xa que “Kude” estaba facendo o imposible por lograr o segundo posto da táboa e remataba a proba a escasas milésimas da barqueta de Dicode na media ponderada do domingo. Mentres nos carrozados o piloto de Tecar Galicia, Javier Paz, seguía sen encontrar rivais da súa talla, inda con problemas de embrague no seu Mitsubishi Lancer Evo IX, tomaba a saída na última manga co coche apagado, e lograba a victoria na súa categoría, sendo segundo Simón Martínez co seu Seat León e terceiro Emilio José Figueira cun potente Renault Sport Clìo de circuito.

Mentres un dos favoritos a intentar loitar con Paz pola victoria en turismos, Bernardo García de Castro, veíase obrigado a abandonar a proba na xornada do sábado tras una saída de estrada. Pero un dos puntos emocionantes da II Subida a Xunqueira de Ambía foi a espectacular saída de pista de Miguel Babarro, co seu Seat León, na zona da meta, que controlou a situación de forma excepcional, pero cunha perdida de segundos que o retrasou moito na xeral. Outro dos favoritos tamén a estar nas primeiras prazas de carrozados, Alberto Vidal, tivo a mala sorte na zona de descanso trala subida, de que o Subaru Impreza de Nieto colisionase co seu Renault Mègane, causándolle danos que tras reparase descubrían un problema de temperatura que lle impedía ir máis alá do terceiro posto do Grupo P. No Grupo A sería Diego Félix, con Peugeot 206 XS, o gañador, mentres na sempre espectacular categoría de históricos Juan José Gómez-Alén, co seu Ford Escort, lograba a victoria por diante de Carlos Seara Selas co seu habitual Volkswagen Golf GTi.


MAPA DA PROBA   CLASIFICACIÓN FINAL

Velo mapa máis grande
 
Cristóbal Serantes 03:35
Benito Varela 03:42
José Alberto López 03:43
Antonio Varela 03:44
Alberto Fernández 03:56
Jesús Pombo 03:56
Francisco Javier Paz 03:58
César Rodríguez 04:04
Simón Martínez 04:07
10º Emilio José Figueiras 04:08
11º Carlos Torreira 04:15
12º Adolfo López 04:15
13º Alverto Vidal 04:19
14º Martín Villar 04:19
15º Juan José Rivero 04:25
16º Diego Félix 04:27
17º Jorge Nieto 04:29
   

GALERÍA DE IMÁXES DESCARGAS DIRECTAS
Ir a Multimedia Ir a Multimedia Ir a Multimedia
Ir a Multimedia Ir a Multimedia Ir a Multimedia
 
Imaxes
  - Fotos Oficiais da 2ª Subida Xunqueira de Ambía

 

 
  DIRECTORIO SUBIDA A XUNQUEIRA  

III Subida  Xunqueira de Ambía


I Subida  Xunqueira de Ambía
 
   
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Deporte Deporte Galego Federación Galega de Automovilismo Deputación Ourense Concello de Ourense Ayuntamiento de Ourense Ayuntamiento de Bande Ayuntamiento de Muiños Ayuntamiento de Quintela de Leirado Ayuntamiento de Verea Ayuntamiento de Celanova Liceo de Ourense Protección Civil Ourense Guardia Civil
 
 
  © Servicios Informáticos Exclusivos (Serinex.NET)