A primera edición da proba contaba ca participación dun total de 24 equipos inscritos e co aliciente de ser a primeira cita na que tomaba parte o Mini Outeda, pilotado por Benito Varela e que a postre sería o gañador da proba. Nada mellor que estrearse unha proba no calendario, e cun novo e sensacional vehículo que comenzaba tamén gañando a carreira. Pero o piloto do Mini Outeda non o tería fácil, xa que a súa victoria estivo marcada pola avería sufrida no motor o fórmula do ourensán Nonito Gómez que marcou os mellores cronos na xornada do sábado. Pero a primera sorpresa da xornada estaba na primeira manga de entrenamentos o sábado, xa que sería Bernardo García de Castro co seu Mitsubishi Lancer o que marcaría o mellor crono cun tempo de 01:53:785, por diante dos fórmulas e barquetas presentes que eran os candidatos a liderar a proba. Pero como decía xa o nome da manga, entrenamento, tan só foi un espexismo, xa que na primera manga oficial sería Nonito Gómez o que gañaría a manga, co seu Fórmula Hyupersa, con crono de 01:46:208. Segundo sería Benito Varela, co Mini Outeda, parando o reloxio en 01:50:246. A terceira praza nesa primeira manga oficial de proba sería para Antonio Mosteiro, co Fórmula Outeda Racing BF3 e un tempo de 01:52:267.
A velocidade media imposta polo gañador da manga, Nonito Gómez, foi de 103,72 km/h. Na categoría de coches carrozados sería Bernardo García de Castro o gañador, cun crono de 01:58:695 e co seu Mitsubishi, mentres en históricos sería o portugués Joao Baptista, cun Mini Cooper, e un tempo de 01:59:313 e unha media de 92,33 km/h. Na segunda manga disputada na xornada do sábado, de novo Nonito Gómez volveu a impoñer o seu Fórmula Hyupersa, baixando o crono anterior e deixándoo en 01:45:270.
De novo Benito Varela sería segundo co Mini Outeda ésta vez cun tempo algo superior o marcado na primera das probas, concretamente 01:51:069. Terceiro de novo Antonio Mosteiro que baixaba, igual que Nonito Gómez, o tempo da manga anterior: 01:51:488. De novo Bernardo García de Castro xa se instalaba como o favorito a gañar en vehículos carrozados e co seu Mitsubishi impoñíase o Renault Mègane de Alberto Vidal, mentres o lider dos históricos, Joao Baptista, veíase obrigado a abandonar a proba con problemas no encendido do seu Mini Cooper, cedendo o liderado o local Selas co seu habitual Volkswagen Golf GTI.
A seguinte xornada presentábase, igual que o día anterior, con condicións climatolóxicas ideais para a práctica do automobilismo, e moitos eran os afeccionados que se acercaban hasta Xunqueira de Ambía a disfrutar dunha proba na que xa parecía cantado que Nonito Gómez sería o gañador. E comenzaba a primeira manga oficial e de novo o piloto do Fórmula Hyupersa impoñíase, marcando un tempo de 1:46:098 sobre Benito Varela que co Mini Outeda marcaba 01:49:466, sendo terceiro un rápido Vicente Vieitez que se situaba en posto de podio co seu Suzuki Cafés Arume cun crono de 01:49:658. En turismos Bernardo García de Castro seguía impoñendo a súa lei. Pero a sorpresa estaba por saltar, xa que antes do inicio da segunda manga oficial, a última da proba, o motor do Fórnula Hyupersa do líder, Nonito Gómez, desfallece, e o piloto non pode tomar a saída.
A sorpresa e maíscula para os aficionados ourensáns o quedarse o piloto da casa nas portas de gañar a proba, e tamén por que nesta última manga o gañador e Antonio Mosteiro con Outeda Racing BF3 que supera cun crono de 01:50:427 ó Suzuki Cafés Arume de Vicente Vieitez que marca 01:50:924. O portugués Armando de Castro sería terceiro ca sua barqueta Mercadier cun tempo de 01:55:522, mentres Benito Varela ten problemas co repartidor de freado do Mini Outeda e sitúase cuarto na manga, algo que non impide que resulte gañador da proba na estrea do Mini Outeda.
| MAPA DA PROBA |
|
HORARIOS Ó PÚBLICO |
Velo mapa máis grande |
|
 |
| Sábado 23/05/2009 |
| 15:00 |
Presentación pilotos en parque presaída |
| 15:30 |
Saída 1ª. Manga de adestramentos |
| |
1ª. Manga Oficial |
| |
2ª. Manga Oficial |
| |
|
| Domingo 24/05/2009 |
| 09:00 |
Presentación pilotos en parque presaída |
| 09:30 |
Saída 2ª. Manga de adestramentos |
| |
3ª. Manga Oficial |
| |
4ª. Manga Oficial |
| 14:00 |
Publicación de resultados.
Suma das dúas medias ponderadas |
| 14:30 |
Entrega de Premios e Trofeos |
| |
|
| GALERÍA DE IMÁXES |
 |
DESCARGAS DIRECTAS |
|
|
|
|